sábado, 9 de enero de 2016

Un ano máis a ANPA organizou a visita dos Reis Magos ó noso colexio.


OS REIS MAGOS VISITAN O NOSO COLEXIO

Este Nadal, os mais pequen@s tiveron a ocasión de entregarlles as cartas ás suas Maxestades de Oriente no colexio un ano máis, xa que pasaron polo centro a saudar e escoitar tódas esas cousiñas que lles gustaría recibir de agasallo antes de rematar as vacacións. Temos que decir que houbo algunha lágrima, pero ó final todos tiveron valor para achegarse e saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, unha bolsa de "Gusanitos" ben merecía o esforzo de perde-lo medo. Graciñas ós pais que nos autorizaron a publicar estas fotos nas que aparecen os seus nen@s, e como non, ós nosos Reis Magos, por prestarse a tan fermoso acto. 

























jueves, 7 de enero de 2016

Diario das Actividades de Nadal "Lecer Blanco"

ALBUM FOTOGRÁFICO DAS ACTIVIDADES DE NADAL 
"LECER BLANCO" (con Anacos de Lecer)




DÍA 1. COCIÑA CREATIVA: ÁRBORE DE NADAL CUN BARQUIÑO DE XEADO.

O primeiro día das actividades do "Lecer Blanco", os nosos pequen@s elaboraron unha árbore de Nadal cun cucurucho de xeado. Comezaron pintando os barquiños con glasa de cor verde e logo puideron decoralo con distintas chucherías, e aínda que tiveron algunha dificultade para que as bolas das árbores (Lacasitos) se quedaran pegadas porque non secaba a glassa, algúns tiveron a ocurrencia de poñelas arredor da árbore e outros, os máis larpeiros non puideron resistir a tentación de ¡zampalas! Este primeiro día rematou con xogos diversos no pabellón do colexio.















DÍA 2. MANUALIDADES: BOLA PARA ÁRBORE DE NADAL.

O segundo día de actividades, os nen@s fixeron unha bola para as súas árbores de Nadal. Primeiro pintaban as bolas da cor que elexían, azul ou vermella, para logo decoralas con purpurina da mesma cor, aínda que se cadra levaban máis pintura nas mans e na roupa ca nas propias bolas de Nadal... e qué ben o pasa un manchándose, o malo e que logo na casa tocou refrega-la roupa.





















 DÍA 3. COCIÑA CREATIVA: BONECO DE NEVE CON GALLETAS E CHOCOLATE.

O terceiro día, foi sen dúbida moi entretido, tocaba poñerse mans á obra para facer un boneco de neve  comestible. En primeiro lugar, machacaron as galletas tipo OREO, que logo mezclarían con queixo fresco para facer unha pasta coa que cada nen@ moldearía unha bola. Finalmente tocaba o máis rico... bañar con chocolate branco a bola, colocar unha "Mini Oreo" a modo de sombreiro, un nariz cun "Lacasito" de cor laranxa e por último pintar os ollos cun lápiz de chocolate. Mmmmm.... máis dun chopeteir@ non podía parar de rechupetear o chocolate que quedaba entre os dedos das súas mans. Rematamos a xornada con xogos musicais e un pouquiño de "Yoga" para relaxarnos tod@s xuntos antes de marchar para a casa.






































 DÍA 4. MANUALIDADESBONECO DE NEVE CUN CALCETÍN BRANCO.

O último día das actividades do "Lecer Blanco" tivemos un taller de reciclaxe, fixemos un boneco de neve cun calcetín branco, para levar a cabo esta actividade cortamos os calcetíns á altura do talón, despois amarramos un dos extremos cunha goma elástica e logo cada nen@ tivo que enche-lo seu calcetín con arroz, amarramos de novo o outro extremo e cunha terceira gomiña elástica separamos o calcetín no que serán a cabeza e corpo do noso boneco. A continuación, pegamos os ollos e o nariz (feitos con goma eva), dous botóns de cores no corpo, e envolvemos o pescozo do boneco cun pedaciño de tela a modo de bufanda para disimular a gomiña elástica. Por último e coa outra metade do calcetín faríamos o gorriño, e xa teríamos o noso boneco de neve reciclado. Ramatamos as actividades de nadal con xogos populares coma as carreiras de sacos. 

Graciñas a Anacos de Lecer por compartir con nós as fotografías deste último día.