sábado, 26 de diciembre de 2015

Actividade extraescolar: KARATE

A petición dalgúns pais na última xunta da ANPA, retomamos o KARATE no colexio coma actividade extraescolar. Se estás interesad@, ponte en contacto con nós.

miércoles, 16 de diciembre de 2015

"Lecer Blanco" Último día para inscribirse.

Hoxe remata o prazo de inscripción para as actividades da Semana "Lecer Blanco", ó final foi un todo un éxito, graciñas a tod@s os participantes!

Visita dos Reis Magos ó colexio.

Mañá os máis pequenos do colexio terán unha visita moi especial... ¡¡ssssshhhh... gardade o segredo!!!! ¡¡Que non se rompa a maxia do Nadal!!! 🤐😊😜

Gañadores do Concurso de Postais de Nadal 2015


Gañadores do Concurso de Postais de Nadal 2015. Noraboa ós gañadores e graciñas a tódolos participantes e ós pais que exerceron de xurado nas votacións. A entrega de diplomas e premios terá lugar ó longo da mañá do vindeiro Venres 18, último día antes das vacacións.

Categorías de Infantil:
4º Infantil: 
5º Infantil:
6º Infantil:

Categorías de Primaria:
1º Primaria:
2º Primaria:
3º Primaria:
4º Primaria:
5º Primaria:
6º Primaria:










sábado, 12 de diciembre de 2015

Ampliamos prazo de inscripción ata o mércores 16

¡¡Xa temos cubertas as prazas mínimas para as actividades de Nadal!!!!, así que podemos permitirnos ampliar o prazo de inscripción ata o próximo mércores 16. Graciñas ós que xa tedes ós vosos fill@s anotados. 😊

jueves, 10 de diciembre de 2015

Actividades Nadal 2015

Se queredes que os vosos fill@s participen nas distintas actividades que propoñemos para os vindeiros días 21, 22, 23 e 24 de Decembro (de 10:30 a 13:00h) ¡A data límite para anotarse é o Luns 14, non o olvidedes! Necesitamos un mínimo de 25 nen@s para poder levala a cabo, de non ser así as actividades quedarían suspendidas.


miércoles, 9 de diciembre de 2015

Actividades Nadal 2015

Dende a ANPA queremos propoñer esta iniciativa durante os vindeiros 21,22,23 e 24 de Decembro para tódolos alumn@s, en horario de 10:30 a 13:00 horas, nas instalacións do colexio (mínimo 25 nen@s para poder levala a cabo). Prazo de reserva de praza antes do Luns 14.

martes, 8 de diciembre de 2015

Concurso De Postais de Nadal 2015

A nova ANPA Martínez Otero organiza un ano máis o Concurso de Postais de Nadal 2015 para tódolos alunm@s de Infantil e Primaria do colexio.

jueves, 26 de noviembre de 2015

Xunta da nova ANPA Colexio Martínez Otero

Dende a ANPA queremos convidar a tódolos nais/pais de alumn@s do Colexio Martínez Otero a participar nesta xuntanza, onde falaremos temas de grande importancia, coma a presentación do equipo fundador da nova asociación ou o estado das contas ó comezo da nosa actividade, pero o que máis desexamos é poder escoitarvos coma un membro máis desta comunidade educativa. 
Alentámosvos  a participar, a formar parte da directiva e do grupo en xeral. 
Lembrade, temos unha cita, o Luns 30, na Sala Don Bosco do colexio ás 19:00h en 1ª convocatoria e ás 19:30h en 2ª convocatoria. Non nos faltes!

Listado actualizado dos establecementos colaboradores cos ANPA.

Minnistore Burela, 10% dto. para os socios da ANPA

Minnistore Burela, comeza hoxe como novo establecemento colaborador coa nosa ANPA, ofrece un 10% de desconto a tódolos socios durante o curso escolar. Graciñas Laura.

viernes, 13 de noviembre de 2015

Charla meninxite B e a vacina Bexero

Dende a nova ANPA Colexio Martínez Otero organizamos unha charla informativa, aberta a todo o público,  e que terá lugar no Salón de Actos do Colexio Martínez Otero o vindeiro Mércores 18 de Novembro,  ás 19h, acerca da MENINXITE "B" e a vacina para a súa prevención, a cal será impartida polo Dr. Assad Abadi Abadi, pediatra no Hospital da Costa, e Dª Antonia Ulloa Roo, Lda. en farmacia. Os asistentes terán a oportunidade de preguntarlles tódalas dúbidas que teñan sobre o tema.