jueves, 3 de noviembre de 2016

Graciñas 👋🏻👋🏻👋🏻


Estimados pais e nais dos alumn@s do Colexio Martínez Otero de Foz:

           Como ben sabedes, o pasado 29 de Setembro, celebramos as Asambleas Xeral Ordinaria e Extraordinaria, en cumprimento dos estatutos da nosa ANPA e ante o anuncio da renuncia de tódolos cargos da actual Xunta Directiva, co fin de renovar os mesmos, ou no seu caso proceder á disolución da ANPA. Decir, que a pesar da relevancia dos temas a tratar, e convidando a tódolos pais/nais de alumn@s,  ademáis dos xa socios, a afluencia foi mínima, 7 persoas, ademáis das 3 que representaban á ANPA. 

            Así pois e ante a inexistencia de candidat@s para continuar coa nosa labor na Xunta Directiva, mediante a presente anunciamos, con gran pesar,  a disolución da ANPA do Colexio Plurilingüe Martínez Otero. Asociación que resurxiu trala desaparición da anterior ANPA, grazas as inquedanzas da que foi socia fundadora e a nosa presidenta, Beatriz Abad Piqueras, que pelexou porque os alumn@s non quedaran sen o apoio dunha ANPA, e trala súa perseverancia, logrou que 4 nais  máis se involucrasen con ela nesta aventura. Como nais primeiro, e como compañeiras na ANPA logo, só podemos estarlle agradecidas pola súa dedicación e esforzo ó  longo do Curso 15/16. Tampouco nos esquecemos inmellorable traballo de Susana Basanta Seijas, a que foi Tesoureira  da nosa andaina, polo seu bo facer e saber estar, e adicarnos o seu valioso tempo. Grazas por todo,  traballar xuntas, en equipo, foi sen dúbida a experiencia máis enriquecedora a nivel persoal para todas nós.

            Foi un pracer para nós o tempo adicado á ANPA co único fin de mellorar a experiencia educativa dos nosos fill@s, e confiamos en que alguén se anime a retomar esta laboura, somos moitos pais e nais no colexio, e moitos aínda están por chegar tamén, tal vez algún se decida, e nos amose outro xeito de dirixir unha ANPA, aportando frescura e novas ideas. 

            Dende a Xunta Directiva da ANPA, queremos agradecer tamén o esforzo de tódolos Comercios Colaboradores, que participaron  con nós de forma xenerosa e altruísta.  Grazas tamén a tódalas familias asociadas, sen a vosa aportación mediante a cuota anual, a ANPA non tería xeito de financiar as distintas actividades realizadas durante o curso pasado.

            Anunciamos de que nos próximos días irán desactivándose as distintas páxinas nas RRSS, Facebook, Twitter, Blogger, así coma o noso correo electrónico... e que utilizábamos coma medios de difusión da ANPA. 


Agora que remata o noso traballo, gustaríanos compartir as distintas actividades que poidemos realizar, grazas ós apenas 50 Soci@s e ós Comercios Colaboradores da nosa  ANPA:

CHARLA INFORMATIVA ACERCA DA MENINXITE “B” E A NOVA VACINA PARA A SÚA PREVENCIÓN, impartida polo Dr. Assad Abadi Abadi, pediatra no Hospital Da Costa, e a Lda.  Dª Antonia Ulloa Roo, farmacéutica no Concello De Foz.
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL CURSO 2015/16,  con 9 categorías e premios, tantos coma cursos participantes: 4º, 5º e 6º de Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria,  que constaron dun diploma e un agasallo para os gañadores/as.
VISITA DOS REIS MAGOS Ó COLEXIO, onde os máis pequenos tiveron ocasión de saudar ás SS.MM. de ORIENTE, e levar unha bolsa de “gusanitos” como agasallo.
ACTIVIDADES DE NADAL, organizamos a  SEMANA “LECER BLANCO”, 4 días de xogos tradicionais, cociña creativa, yoga, manualidades... cos nosos nen@s  a través de “Anacos de Lecer”.
CHOCOLATADA DO ENTROIDO,  colaboramos  co colexio aportando o chocolate, que preparou o centro e que axudaron a servir os alunm@s de 4º ESO no pavillón deportivo, onde se xuntaron tódolos nen@s disfrazados, para degustar os distintos doces típicos desta data,  que eles mesmos trouxeran das súas casas, acompañadoos cun chocolate quentiño.
PANOS PARA A VIAXE DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA A LONDRES, colaboramos co  centro nesta sétima edición, aportando uns panos serigrafiados co emblema do colexio, para a identificación dos alunm@s nesta viaxe ó Reino Unido.
OBRADOIRO DE “CUPCAKES”, na ponte Letras Galegas realizamos este obradoiro no que os alunm@s participantes aprenderon a facer a masa e a decorar estes doces tan divertidos, a través de “Anacos de Lecer”
PREMIOS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS, colaboramos co colexio aportando 3 premios  para os alunm@s gañadores de Primaria e outros 3 para os de Secundaria. 
CHARLA SOBRE DISCIPLINA POSITIVA, mediante a que  tentamos achegar a tódolos pais e persoal docente esta metodoloxía educativa, que busca conectar cos nen@s e mellorar a comunicación dos adultos cos mesmos.
AXUDA ÓS ALUMN@S DE 4º ESO PARA A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO, facemos unha pequena aportación económica para a viaxe de fin de curso, como agradecemento pola súa colaboración coa ANPA cando foi preciso. 
FESTA FIN DE CURSO PARA OS ASOCIAD@S

              Por último pedir desculpas por non ter feito máis, e polos erros cometidos, que de seguro, como principiantes nunha ANPA, os houbo. Sen máis, recibide un cordial saúdo desta Xunta Directiva en funcións:

1. Ana Segade Yáñez (Secretaria)
2. Aurora López Barrós (Vocal)
3. Lorena Burundarena Maseda (Vocal)

martes, 27 de septiembre de 2016

RENOVACIÓN DE CARGOS

Quixéramos capta-la atención  de TÓDOLOS PAIS/NAIS, para que asistan á próxima ASAMBLEA DESTE XOVES 29 E SE PRESENTEN ÓS CARGOS VACANTES DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA, coa finalidade de que continúen apoiando e axudando ós profesionais do noso  colexio, pois no caso de que non teñamos novos cargos, VERÉMONOS NA OBRIGA DE TER QUE DISOLVE-LA ANPA e despedirnos dunha asociación co único e primordial obxectivo de apoiar o proxecto educativo do noso colexio a través da participación e colaboración na labor educativa dos nosos fillos.

viernes, 2 de septiembre de 2016

CAMBIO DE HORARIOS NO COLEXIO PARA O CURSO 2016/17

Hoxe, día 2 de setembro, as 10 h. os membros da Xunta Directiva da ANPA tivemos unha reunión coa Dirección do Colexio, co fin de informarnos  acerca do cambio de horario para este Curso 16/17 do que tanto se estaba a falar entre os pais/nais de alumn@s éstes últimos días. 

Dende a ANPA compartimos a seguinte información que nos remite o centro a fecha de hoxe co fin de tranquilizar ás familias e esclarecer a expectación creada pola falta de información: 
 
1º A dirección do centro pide disculpas pola premura no anuncio, que aluden a causas alleas ao colexio e que abordarán en máis profundidade na Asamblea do vindeiro Xoves 8, as 19h. 
 
2º O cambio de horario faise exclusivamente por criterios pedagóxicos, didácticos, e  de mellora do rendemento, e insisten en que foi posible despois de árduas negociacións coas empresas de transporte. 
 
3º Os horarios para este novo Curso 16/17 serían os seguintes:

ED. INFANTIL: 
Mañá: de 10 a 13 h    
Tarde: de 14:30 h a 17 h
*Se algún alumn@ chega ao centro ás 9:30 h (polo transporte escolar ou por ter irmáns noutros niveis nos que entren ás 9:30) estarán atendidos por persoal do colexio de 9:30h ata as 10h q comezarían as clases. 

ED PRIMARIA: 
Mañá: de 9:30 a 13 h 
Tarde: de 14:30 a 17 h

1º e 2º de ESO:
Mañá: de 9:30 a 14:10 h
Tarde: de 15:20 a 17 h 
(Os venres rematan a mediodía)

3º/4º de ESO: 
Luns pola mañá: de 9h (Titoría) a 15 h
Luns pola tarde: de 15:50 a 17 h
De Martes a Venres pola mañá:
de 9:30 a 15 h     ​
De Martes a Venres pola tarde: 
Libre e/ou estudo dirixido
 
4º) Se algún alumn@ non pode ser recollido ás 17:00 h o patio estará atendido por persoal do centro ata as 17:30 h (*) 
 
5º) Daránse tódalas explicacións pertinentes na asemblea do Xoves día 8 ás 19 horas no Salón de Actos, na que tentarán resolver as dúbidas que poidan surxir con este cambio de horarios, polo que se prega á súa  asistencia a tódolos pais/nais de alumn@s.

Tanto a ANPA (tras recibir a información pertinente) coma o Colexio Martínez Otero, nos poñemos á vosa disposición para solventar al dúbidas que vos poidan surxir. 

Un saúdo, 
                   A Xunta Directiva da ANPA. 

sábado, 27 de agosto de 2016

Calendario escolar para o curso 2016/17

Calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia aprobado na orde do 7 de xuño do 2016.


viernes, 24 de junio de 2016

FOTOGRAFÍAS DA FESTA FIN DE CURSO 2015/16 DA ANPA.


A continuación compartimos con todos vós algunha das fotografías tomadas durante a Festa de Fin de Curso da ANPA. Só nos queda dar as grazas a tódolos soci@s que decidístedes acompañarnos na despedida do curso,  e á Estación de Servicios Foz, que colaborou de novo coa ANPA ofrecéndonos tódalas bebidas para o evento de xeito altruista. 
Desexamos que pasedes un feliz verán, e poder contar con vós para o vindeiro curso escolar.


PECHADO POR VACACIÓNS